Presentación

As cidades, onde xa reside a metade da poboación mundial, deben de xogar un papel estratéxico para o desenvolvemento dos sistemas alimentarios e a promoción de dietas saudables, e han ser o centro de innovación económica, política e cultural.

Os sistemas alimentarios actuais están chamados a ofrecer un acceso constante e seguro a unha variedade de alimentos adecuados, locais, saudables para todas e todos. O abastecemento alimentario das cidades enfróntase a diferentes obstáculos, entre eles, o deterioro ambiental, a escaseza de recursos e o cambio climático, as formas de produción e consumo non sostibles e as perdas e o desperdicio de alimentos.

As empresas agrícolas familiares e os pequenos produtores de alimentos xogan un papel fundamental no abastecemento das cidades e dos seus arredores, contribuíndo a preservar hábitos alimentarios culturalmente axeitados; e a reorientar os sistemas alimentarios a favor de dietas sostibles que permite volver a achegar consumidores e produtores rurais e urbanos.

A agricultura urbana e periurbana ofrece diferentes oportunidades para a conservación e integración da biodiversidade no contexto urbano/rexional e nos sistemas alimentarios.

Esta agricultura e gandaría semiurbana é motivadora de moitos postos de traballo, favorece a gastronomía propia e mesmo dificulta calamidades como os incendios.

Santiago de Compostela, polo seu tamaño, as condicións socioculturais actuais e un pasado recente de gran actividade labrega e gandeira, e pola responsabilidade que ha de asumir como capital de Galicia, adopta iniciativas pioneiras e necesarias para se converter tamén nunha cidade labrega e gandeira, sen renunciar a nada do que ten actualmente.

Dicía Otero Pedrayo que Compostela era a maior aldea de Europa, e referíase con esta expresión a que os labregos e gandeiros non se sentían estraños nesta cidade, pois estaban como na seu lugar de orixe.

Esta calidade compostelá que nos atribuía Otero, revela que é unha verdadeira fortuna, pode cumprirmos os pensamentos expostos ao inicio.

Santiago de Compostela

Do 12 ao 17 de decembro

Xornadas cultRural

O Concello de Santiago de Compostela, coa colaboración das entidades Edicións Positivas, Lobisome Producións e Arraianos, organiza as Xornadas cultRural, do 12 ao 17 de decembro, na Facultade de Ciencias da Información e noutros locais da cidade.

Estas son algunhas das actividades que procuran o obxectivo de recuperar vida plena no rural de Compostela:

Cartel CultRural
Actividades
  • Encontros-Debate arredor da Compostela rural
  • Exposicións de poesía visual de Emilio Araúxo
  • Xornadas gastronómicas da cabra
  • Visitas guiadas ás hortas de Compostela
  • Presentación do libro “Arraiano entre Arraianos” de Méndez Ferrín
  • Obradoiros de cociña

VER PROGRAMA DE ACTIVIDADES (PDF)

Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo

www.festivaldecinecarlosvelo.com

Do 15 ao 17 de decembro

Xornadas Gastronómicas da cabra de Santiago

Acción para a recuperación, divulgación e promoción dun prato tradicional en Compostela en diversos restaurantes dos barrios de Santiago. Reserva nos diferentes establecementos.

Venres 15  de decembro, ás 10:30 h

Obradoiro culinario sobre a cabra e o grelo con Xan Galbán.
Aberto ao público. Inscricións gratuitas en Asociación Hostelería Compostela.

RESTAURANTES PARTICIPANTES
Xornadas da Cabra

Noticias

6/12/2107

logo La Voz de Galicia

Jornadas en torno a la cabra, del día 15 al 17

Se podrán degustar en trece restaurantes de Compostela.

VER NOTICIA COMPLETA

6/12/2107

el correo gallego

Jornadas en torno a la cabra, del día 15 al 17

Se podrán degustar en trece restaurantes de Compostela.

VER NOTICIA COMPLETA

5/12/2107

logo La Voz de Galicia

Santiago, capital de la cultura rural del 12 al 17 de este mes

El #cultRural trae jornadas y debates sobre ese ámbito además de la cuarta edición del Festival de Cine Rural en Galicia Carlos Velo.

VER NOTICIA COMPLETA

ACTIVIDADES

12-17 DECEMBRO
Facultade de Ciencias da Comunicación. Campus Norte. A Compostela rural

Exposición do poema visual ``Viron o retrato da fame nos ollos dos lobos``, de Emilio Araúxo

MARTES, 12 DECEMBRO
Facultade de Ciencias da Comunicación. Campus Norte. A Compostela rural

Inauguración das Xornadas

Rafa Peña (Concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial) e organizadores do cultRural.
16:30 h

Debate das propostas dos grupos políticos municipais sobre o rural no seu modelo de cidade

Coa participación dun representante da Federación de Asociacións de Veciños Rurais. Modera: Aser Álvarez, de Arraianos Multimedia.
17:00 h
Café de pota con Café Candelas

Presentación do IV Festival Internacional de Cine Rural de Galicia “Carlos Velo”

Presentación do spot do festival FICCRural e do proxecto cultRural.
cultRural Escola. Sesión inaugural cunha curtametraxe de #ruralcinema realizada nun campo de traballo audiovisual para a mocidade en Castrelo de Miño, A viña do Ferrado.
Retrospectiva sobre A Chanfaina Lab: cine rural en acción, memoria, identidade e audiovisual.
18.30 h
MÉRCORES, 13 DECEMBRO
Facultade de Ciencias da Comunicación. Campus Norte. A Compostela rural

Presentación de propostas institucionais sobre experiencias en desenvolvemento rural: Consorcio de Santiago

Anxo Rei (Mercado Labrego dos Tilos); Javier Blanco (Agader); Juan Manuel García Bartolomé (Xefe de Publicacións da Medioteca do MAPAMA); Anxo Rodríguez (Programas O AGRO e LABRANZA – TVG); Bernardo Varela (O Boi de Allariz). Modera: Paco Macías, de Edicións Positivas.

17 h

Café de pota con Café Candelas

Óliver Laxe

Presentación dun proxecto de desenvolvemento rural promovido polo cineasta e proxección de imaxes inéditas de incendios forestais rodadas para o seu novo filme.
18:00 h

Festival Internacional de Cine Rural de Galicia

Proxección dalgunhas das obras finalistas do IV FICCRural.

19.30 h

XOVES, 14 DECEMBRO
Facultade de Ciencias da Comunicación. Campus Norte. A Compostela rural

Proxectos entidades privadas sobre experiencias agroalimentarias de éxito

Lino Lema (XANTAR DEVAGAR); Paula Garrido (Cooperativa Caprina Galega); Leonor Lorenzo (SLOW FOOD GALICIA); Juan Soriano (Proxecto ENTRELAMPO); Lucas Requeixo (REALIMÉNTATE – Lalín); Emilio Arias (Rede de Microencubadoras do Rural). Modera: Antón Mascato, de Lobisome Producións.
17:00 h
Café de pota con Café Candelas

Festival Internacional de Cine Rural de Galicia Carlos Velo. Proxección das obras finalistas do IV FICRural.

18.30 h
VENRES, 15 DECEMBRO
Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela

Obradoiro culinario sobre a cabra e o grelo de Santiago con Xan Galbán

Obradoiro aberto ao público e aos profesionais previa inscrición.
10:30 h
Salón Nobre do Pazo de Raxoi

Gala de entrega de premios do IV FICRural

Proxección dalgún dos traballos gañadores, spot e entrega de premios no Salón Nobre do Pazo de Raxoi.

13:00 h

Conclusións de Compostela cultRural 17

13:30 h
A Bodeguilla de San Lázaro

I Xornadas da cabra de Compostela cultRural

Presentación do libro de cultRural17 “Cooperar para emprender, experiencias de coworking rural”, de César Llorente, e presentación das xornadas con degustación de produto.

19:00 h

SÁBADO, 16 DECEMBRO
Centro de Interpretación de Parques e Xardíns (Belvís)

Presentación de Compostela cultRural 17 coas intervencións e o resumo do máis importante das propostas presentadas neste evento

Entrega de sementes de tomate negro de Santiago e do libro das xornadas Compostela cultRural 17.

11.00 h

Visita guiada ás hortas de Belvís e As Brañas do Sar

12:00 h

Xantar da Cabra de Compostela

Presentación do libro Arraiano entre Arraianos, de X.L. Méndez Ferrín, editado por Edicións Positivas e a Revista Arraianos, no restaurante Paz Nogueira. Xantar previa inscrición (tel.: 660397064).
Arriano entre arrianos

LUNS, 18 DECEMBRO
Escola de Artes e Oficios MESTRE MATEO

Divulgación das conclusións de Compostela cultRural 17 e visionado dos materiais gañadores do IV FICRural de Galicia e presentación do proxecto Compostela Capital Rural de Galicia (cultRural).

11:30 a 12:30 no Salón de Actos.
MARTES, 19 DECEMBRO
IES Rosalía de Castro

Divulgación conclusións Compostela cultRural 17 e visionado dos materiais gañadores do IV FICRural de Galicia e presentación do proxecto Compostela Capital Rural de Galicia (CultRural).

11:35 a 12:40 no Salón de Actos.
Organización y colaboradores